Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación da consultoría e asistencia para a investigación de detalle e redacción do proxecto de descontaminación do polígono de Torneiros (O Porriño).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: contratación da consultoría e asistencia para a investigación de detalle e redacción do proxecto de descontaminación do polígono de Torneiros (O Porriño).

2.2. Prazo de execución: tres meses.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.800.000 pesetas, IVE incluído.

4. Fianza provisional: 2% do orzamento da contrata (176.000 pesetas).

5. Fianza definitiva: 4% do orzamento da contrata (352.000 pesetas).

6. Clasificación: non é necesaria.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación:

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: r/ Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

7.2. Información:

a) Teléfono: 981 54 17 49.

b) Domicilio: r/ Basquiños nº 2.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: as 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Admón. Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural contado desde o seguinte ó de remate do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1998.

P.D.(Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

7294