Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.927

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1998, sobre a vixencia das solicitudes de axudas, presentadas ó abeiro da anulada Orde do 3 de xaneiro de 1995, en relación coa Orde do 13 de xullo de 1998, pola que se establecen as normas para a concesión de axudas para a renovación e modernización da flota pesqueira.

A Orde do 3 de xaneiro de 1995, dictada en aplicación e desenvolvemento do Decreto 278/1994, do 8 de setembro, polo que se establece o programa de axudas con finalidade estructural no sector da pesca, a acuicultura e a transformación e comercialización dos seus productos, utilízase nas distintas convocatorias de axudas para a renovación da flota pesqueira galega.

Coa entrada en vigor da Orde do 13 de xullo de 1998, pola que se establecen as normas para a concesión de axudas para a renovación e modernización da flota pesqueira, considérase necesario determinar expresamente que as solicitudes presentadas ó abeiro da disposición de carácter xeral anulada manterán a súa vixencia respecto da que a substitúa.Por todo o que antecede,

RESOLVO:

As solicitudes de axudas presentadas ó abeiro da anulada Orde do 3 de xaneiro de 1995, que se atopen en trámite ou pendentes de decisión, resolveranse de acordo coa normativa establecida na Orde do 13 de xullo de 1998.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

6148