Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 30 de xullo de 1998 Páx. 8.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto das obras dos proxectos de renovación do saneamento e abastecemento en diversas rúas e camiños de Vigo (4 proxectos).

1. Entidade adxudicante.

a) Organismo: Concello de Vigo.

b) Dependencia: Infraestructuras e Obras, Patrimonio e Contratación.

c) Número de expediente: 11278/240.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: execución das obras dos proxectos de renovación do saneamento e abastecemento en diversas rúas e camiños da cidade.

b) Lotes:

-Lote 1: proxecto de renovación do saneamento do camiño da Fonte-Penís (Cabral), cun importe de 5.746.768 pesetas e un prazo de execución de 3 meses.

-Lote 2: proxecto de mellora do servicio de abastecemento na rúa Paulino Freire, cun importe de 7.586.277 pesetas e un prazo de execución de 4 meses.

-Lote 3: proxecto de substitución dos canos de abastecemento nas rúas Canadelo Baixo e Callao, cun importe de 7.120.191 pesetas e un prazo de execución de 3 meses.

-Lote 4: proxecto de substitución de canos de abastecemento na baixada á ponte nova, cun importe de 7.979.294 pesetas e un prazo de execución de 3 meses.

c) Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

d) Prazo de execución: o que se fixa na descrición dos lotes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base: o que se fixa na descrición dos lotes.

5. Garantías.

Provisional: 2% do tipo de licitación do lote ó que presente oferta.

6. Obtención de documentación e información.

a) Rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n. 36202 Vigo. Teléfono 986 81 01 48 e fax: 986 81 02 40.

b) Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do último anuncio de licitación que se publique no BOP de Pontevedra e no DOG.

b) Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

d) Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

b) Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposicións axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 3 de xullo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

6635