Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 30 de xullo de 1998 Páx. 8.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares da obra de abastecemento e pavimentación en Laxe (Adina) e revolta (Noalla), ponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo anúnciase a convocatoria de concurso para a execución das devanditas obras.

1. Entidade adxudicadora

a) Organismo: Concello de Sanxenxo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Obras Municipais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: abastecemento e pavimentación en Laxe (Adina) e Revolta (Noalla).

b) lugar de execución: Adina e Noalla.

c) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 7.066.626 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 141.333 pesetas.

Definitiva: 282.665 pesetas.

6. obtención de documentación e información.

Sección de Obras Municipais do Concello de Sanxenxo- Rúa Consistorio, 4-6 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Teléfono 986 72 00 75-76. Fax.986 72 10 22.

Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros: acreditar solvencia económica e técnica.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: a que resulte de contar 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a descrita no respectivo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade e domicilio: ver punto 6.

b) Data: no décimo día hábil seguinte ó de remate da presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación: cláusula 13 do prego respectivo.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Sanxenxo, 29 de xuño de 1998.

José L. Rodríguez Lorenzo

Alcalde

6634