Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a realización dun servicio para a formalización dun seguro relativo ás gardas médicas do persoal estatutario facultativo dos hospitais do Servicio Galego de Saúde en situación de incapacidade transitoria (S-274/98).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2 - 2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Categoría da asistencia e descrición: categoría 6 a), nº de referencia CCP: 812 c.

Realización dun servicio para a formalización dun seguro relativo ás gardas médicas do persoal estatutario facultativo dos hospitais do Servicio Galego de Saúde en situación de incapacidade transitoria.

- Orzamento total: cincuenta millóns de pesetas (50.000.000 de pesetas, IVE incluído).

3. Lugar de execución: no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación esixida: non se esixe clasificación.

-Solvencia económica: acreditarase polos medios establecidos nos apartados a) e c) do artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratros das administracións públicas.

-Solvencia técnica: acreditarase polos medios establecidos nos apartados a) e b) do artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

5. Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: desde as 00 horas do día en que se formalice o contrato ata as 24 horas do 31 de decembro de 1998.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2 - 2º, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 17 de agosto de 1998.

9. a) Data límite de recepción das ofertas: 24 de agosto de 1998.

b) Dirección a que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.(División de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º piso, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

d) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

e) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte) a partir das 9.30 horas do 4 de setembro de 1998.

10. Garantías exixidas: garantía provisional do 2% do orzamento de licitación.

11. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

12. Forma xurídica que deberá adopta-la a agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

13. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo prestador de servicios: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Plazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

15. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas punto 11.

16. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 1.

17. Data de envío do anunicio: 3 de xullo de 1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

6651