Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Oorense, pola que se somete a información pública a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados polas obras de acceso ó apoio número 6 da liña eléctrica: L.A.T. Castrelo de Miño-Pazos de Borbén, dentro do termo municipal de Castrelo de Miño (Ourense). (Expediente IN407A 94/97-3 A.T.) Fase: urxente ocupación.

1. Autorización administrativa e declaración de utilidade pública.

Por instancia da empresa beneficiaria, Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., por resolución da Dirección Xeral de Industria do 9-2-1996, e seguindo o procedemento establecido polos decretos 2617/1996 e 2619/1996, ámbolos do 20 de outubro, foi autorizada e declarada de utilidade pública a instalación eléctrica de referencia, que conta coas características básicas que recolle o seu proxecto de execución, o que fora sometido a información pública mediante anuncios publicados nos seguintes medios: BOE do 28-9-1994; DOG do 19-10-1994; BOP de Ourense do 21-9-1994 e xornal local La Región do 10-9-1994.

2. Urxente ocupación.

A declaración da utilidade pública da instalación, de acordo co establecido no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3.-Información pública; alegacións.

En aplicación do artigo 53 da citada Lei 54/1997, e no que non se opoñan a aquela dos artigos 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, de expropiación forzosa en materia de instalacións eléctricas, sométese a información pública a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados, de xeito temporal, polas obras necesarias para acceso ó apoio nº 6 da liña eléctrica de referencia. Os interesados poderán formular, se é o caso, alegacións por escrito perante a Delegación de Industria, durante un prazo de quince días, que versarán en relación co disposto nos artigos 25 ou 26 do dito decreto. Así mesmo, ata o momento do levantamento das actas previas poderán formular aqueloutras alegacións encamiñadas a emendar posibles erros que se padeceran ó relaciona-los bens afectados.

Ourense, 24 de xuño de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Expediente nº IN407A 94/97-3 A.T.

L.A.T. a 220 kV Castrelo de Miño, Pazos de Borbén; ocupación temporal de terreos para acceso ó apoio número 6, concello de Castrelo de Miño.

Beneficiario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

PrediosPropietariosAfección temporal

LugarCultivoNome, apelidos e enderezo

3A CerradaMonte e piñeiralCarmen Rodríguez Álvarez e Irmáns. R/ Mascaro, nº1; 32400, Ribadavia (Ourense)167 m

6A CerradaMonte e piñeiralCarmen Rodríguez Álvarez e Irmáns. R/ Mascaro, nº1; 32400, Ribadavia (Ourense)118 m

7A CerradaMonte e piñeiralBenigna Álvarez Rodríguez. A Carixa; 32232, A Carixa, Castrelo de Miño457 m

PrediosPropietariosAfección temporal

LugarCultivoNome, apelidos e enderezo

9Coto NovelleMonte baixo e piñeiralVeciñal da Carixa. Rpta: Claudio Reboredo Martínez. As Cortiñas; 32232, As Cortiñas, Castrelo de Miño2.049 m

6586