Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.705

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Onyx, R.S.U., S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Onyx, R.S.U., S.A. que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 19-5-1998, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo delegado de persoal, o día 12-5-1998 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Adminstración do Estado á Comunidade Autónoma de Galica, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la publicación do seu texto e maila súa acta complementaria no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de xuño de 1998.

Mª Reyes Carael Pedreira.

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo centro de traballo Onyx, R.S. de Narón

Artigo 1º.-Ámbito funcional

O presente convenio establece e regula as condicións de traballo do persoal dos servicios de recollida de lixo e limpeza viaria, dependentes da empresa Onyx, Residuos e Servicos Urbanos, S.A. (Onyx R.S.U., S.A.).

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio regulará as condicións de traballo de tódolos traballadores e traballadoras que presten os seus servicios para a sociaedade mencionada no artigo anterior, sendo de obrigatoria e xeral observancia.

Exclúense do ámbito do presente convenio os supostos recollidos no arto 1.3º e 2º. a) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de apliación en todo o termo municipal de Narón onde presten os seus servicios os traballadores e traballadoras da empresa Onyx R.S.U., S.A. sen prexuízo do establecido no artigo 1.4º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no BOP da Coruña e terá unha duración ata o 31 de decembro de 1999, con efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 1998.

Unha vez terminada a súa vixencia inicial ou a de calquera das súas prórrogas, que serán dun ano de duración, continuará rexendo o seu contido normativo ata que sexa substituído por outro convenio.

Artigo 5º.-Denuncia.

A denuncia do presente convenio deberá facerse por escrito á outra parte e cun mínimo dun mes de antelación antes do seu vencemento ou de calquera das súas prórrogas.

A parte que promove a negocaión deberá presentar proposta concreta sobre os puntos e contido para a negociación do seguinte convenio.

As partes reuniranse antes de transcorrido un mes desde a recepción da proposta citada.

Artigo 6º.-Vinculación a totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible que regulan tódolos aspectos das relacións laborais entre as partes asinantes e serán consideradas globlamente para efectos da súa aplicación práctica.

Artigo 7º.-Dereito supletorio.

Tódolos aspectos que neste convenio colectivo non estivesen expresamente fixados, regularanse polo disposto no convenio xeral do sector, Estatuto dos traballadores e demais normas de carácter xeral, vixente en cada momento.

Artigo 8º.-Compensación e absorción.

As retribucións e percepcións comprendidas neste convenio colectivo compensasán e absorverán tódalas existentes ata o momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza e orixe delas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación, así como convenios colectivos ou contratos individuais, só poderán afectar ás condicións pactadas no presente convenio, cando consideradas as novas retribucións en cómputo anual superen as aquí pactadas, no caso contrario, seràn compensadas absorbidas estas últimas, manténdose o presente convenio colectivo nos seus propios térmos e na forma e codicións en que quedan pactadas.

Artigo 9º.- Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as situacións económicas, persoais ou colectivas que, consideradas na súa globalidade, sexan máis beneficiosas cás fixadas no presente convenio, xa sexa en virtude de contrato individual ou de convenio colectivo subscrito conforme a lexislación laboral vixente.

Artigo 10º.- Comisión paritaria.

Créase unha comisión paritaria que estará composta por un máximo de tres membros, un representante da empresa, un das traballadoras e traballadores e un presidente. Ámbalas partes poderán pola súa vez designar un asesor ou asesora, que poderá asistir ás reunións con voz pero sen voto.

O presidente ou presidenta será designado de mutuo acordo entre as partes, e terá voz pero non voto.

Artigo 11º.- Funcións da comisión paritaria.

a) Interpreta-la a aplicación da totalidade do contido do convenio.

b) Vixia-lo cumprimento do pactado.

c) Estudiar e valora-las disposicións xerais promulgadas con posterioridade á súa entrada en vigor que afecten ó seu convenio.

d) Cantas outras tendan á maior eficacia práctica do convenio e veñan establecidas no seu texto.

A comisión reunirase por instancia de calquera das partes, e logo de acordo de ambas sobre o lugar, día e hora de celebración, que deberá efectuarse no prazo máximo de 15 días desde a solicitude. A reunión comprenderá tantas sesións como sexan necesarias.

Artigo 12º.- Sistema salarial.

Considerarase salario a totalidade das percepcións económicas dos traballadores e traballadoras, en diñeiro ou especie, pola prestación profesional dos servicios laborais por conta allea, tanto retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa a forma de remuneración, como os períodos de descanso computables como de traballo.

Non terán a consideración de salarios as cantidades percibidas polo traballador ou traballadora en concepto de indemnización ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, as prestacións e indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

Artigo 13º.- Percepcións salariais e non salariais.

a) Salario base: é aquela parte da retribución que se fixa entendendo exclusivamente a unidade de tempo. O seu importe será o que se fixa na táboa salarial anexa para 1998, incrementada para 1999, conforme o pactado neste convenio.

b) Plus de nocturnidade: establécese un plus de nocturnidade por día efectivo de traballo segundo a táboa salarial anexa para todos aqueles traballa

dores e traballadoras que presten os seus servicios nos horarios comprendidos entre as 22 horas e as 6 horas.

c) Plus de perigosidade, penosidade e toxicidade: establécese un plus de perigosidade, penosidade e toxicidade por día efectivo de traballo polo importe establecido na táboa salarial anexa, que será revisado para o ano 1999 conforme o pactado neste convenio.

d) Plus de transporte: establécese un plus de transporte por día efectivo de traballo polo importe establecido na táboa salarial anexa.

e) Plus de actividade e calidade de traballo: establécese un plus de actividade e calidade no traballo a percibir polas categorías e polo importe que se determina na táboa salarial anexa, por traballo efectivo realizado.

Tódolos os conceptos da táboa veranse incrementados en 1999 conforme o establecido neste convenio.

Artigo 14º.- Gratificacións extraordinarias.

Establécense tres (3) pagas extraordinarias correspondentes a xullo, Nadal e marzo, que serán aboadas na forma seguinte:

a) Paga extraordinaria de xullo, pola contía que se indica na táboa, devengarase do 1 de xullo do ano anterior ó 30 de xuño.

b) Paga extraordinaria de Nadal, pola contía que se indica na táboa, devengarase do 1 de xaneiro ata o 31 de decembro.

c) Paga de marzo, que será pola contía que se indica na táboa e o seu devengo do 1 de xaneiro a 31 de decembro, sendo o seu aboamento en marzo do ano seguinte.

As datas de aboamento dos citados pagos serán, para cada unha delas, os seguintes días:

-Paga de marzo: 15 de marzo.

-Paga de xullo: 15 de xullo.

-Paga de Nadal: 15 de decembro.

Artigo 15º.- Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente, e co obxectivo de favorece-la creación de emprego, a empresa comprométese a reducir na medida do posible a realización de horas extraordinarias. Para o caso de que exista a necesidade de realización delas, o seu prezo será de 1.500 ptas./hora.

Artigo 16º.- Horas extraordinarias estructurais.

Dado o carácter público dos servicios que se prestan nesta actividade, consideraranse horas extraordinarias estructurais todas aquelas que se precisen para a finalización dos servicios concretados pola prolongación de tempos que se realicen motivados ben sexa por ausencias imprevistas, ben por procesos puntuais de producción non habituais e outras situacións estructurais derivadas da natureza do traballo

de que se trata, todo iso, ó abeiro do disposto na O.M. do 1 de marzo de 1983, sendo a súa execución obrigatoria para o traballador ou traballadora.

Artigo 17º.- Aboamentos de salario.

Os salarios serán aboados pola empresa entre os días 1 e 5 de cada mes seguinte ó do devengo ou ó seguinte a este último se fora festivo.

Artigo 18º.- Xornada laboral.

Para os anos de vixencia do presente convenio a xornada laboral será de 40 horas semanais, tanto en xornada continua como partida. En xornada continua os traballadores e traballadoras desfrutarán de 20 minutos de descanso para o bocadillo, considerándose como tempo efectivo de traballo.

O tempo de traballo computarase de modo que tanto ó comezo como á finalización da xornada diaria o traballador ou traballadora encontrarase no seu posto de traballo coa indumentaria pertinente e en disposición de realiza-lo seu labor.

Artigo 19º.- Incapacidade temporal.

No caso de baixa por incapacidade temporal derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional, contraída como consecuencia da prestación do traballo neste centro, a empresa complementará ata o 100% do salario real. No caso de maternidade ou hospitalización, tamén terá dereito ó dito complemento, que será aboado con pagamento directo a través do INSS.

No caso de enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa complementará segundo a seguinte escala:

1. A empresa complementará o 100% desde o primeiro día para a primeira baixa do ano.

2. A empresa complementará o 100% desde o quinto día para a segunda baixa do ano.

3. A empresa complementará o 100% desde o décimo sétimo día para a terceira baixa do ano.

4. En baixas sucesivas, a empresa complementará o 100% do salario real desde o décimo sétimo día.

Non terán estos complementos aqueles traballadores e traballadoras que non teñan dereito ó cobramento dos subsidios oficiais que outorga a Seguridade Social ou a mutua correspondente. As pagas extras non se verán afectadas no seu importe habitual pola situación IT.

Artigo 20º.- Vacacións.

Todo o persoal desfrutará anualmente de 30 días naturais de vacacións ó ano.

O período de desfrute das vacacións serán nos meses de xullo, agosto e setembro.

A remuneración do traballador ou traballadora que se atope de vacacións será a que figura na táboa salarial anexa.

Artigo 21º.- Clasificación do persoal.

Esta clasificación de persoal é anunciativa e non presupón ter cubertas tódalas súas prazas.

Mandos intermedios: o grupo de mandos intermedios está composto polas seguintes categorías:

-Capataz: ás ordes do delegado ou da persoa en quen este delegue, ten ó seu cargo persoal operario ó que dirixe, vixía e ordena o seu traballo. Posúe coñecementos completos dos oficios e das actividades dos distritos ou zonas e dotes de mando suficientes para mante-la debida disciplina e que se obteñan os rendementos previstos.

Persoal operario: o grupo de personal operario está composto polas seguintes categorías:

-Conductor: debe estar en posesión do carné de conducir correspondente, e te-los coñecementos necesarios para executar toda clase de reparacións, que non requiran elementos de taller. Coidará especificamente de que o vehículo ou máquina que conduce saia do parque nas debidas condicións de funcionamento.

Ten ó seu cargo o manexo e conducción das máquinas ou vehículos remolcados e sen remolcar propios do servicio. Responsabilizarase do mantemento e axeitada conservación da máquina ou vehículo que se lle asigne, así como de observa-las prescricións técnicas e de funcionamento deles.

-Peón: traballador ou traballadora encargado de executar labores para os que non se requira ningunha especialización profesional nin técnica. Poden presta-los seus servicios indistintamente en calquera servicio dos centros de traballo.

-Mecánico: operario ou operaria que con coñecementos teórico-práctico de oficio executan os cometidos do seu oficio coa suficiente perfección e eficacia.

Grupo de administrativos ou administrativas:

-Axuliar administrativa ou administrativo: empregado ou empregada que dedica a súa actividade a operacións elementais e administrativas e, en xeral, as puramente mecánicas inherentes ó traballo da oficina.

Calquera outra categoría que exista no centro de traballo de Narón e que non se corresponda cos grupos mencionados anteriormente, integrarase nalgunha das establecidas no convenio xeral do sector e conforme ó que establece a comisión paritaria.

Artigo 22º.- Roupas de traballo.

A roupa de traballo compoñerase das seguintes pezas:

Uniforme de verán: cazadora, pantalón, xersei e camisa. Calzado.

Uniforme de inverno: cazadora, pantalón, xersei e camisa. Calzado.

Entregaranse botas de seguridade cando os traballos que se efectúen o requiran. Igualmente, entregarase anorak con pantalóns para os conductores ou conductoras e para os peóns ou peonas un ano anorak e outro ano roupa de auga.

Artigo 23º.- Seguridade e hixiene no traballo.

Rexerá o disposto na Lei de prevención de riscos laborais, tendo o delegado ou delegada de prevención dereito ó mesmo crédito horario que os representantes dos traballadores e traballadoras de Onyx,R.S.U. de Narón.

Artigo 24º.- Fondo de axuda escolar.

Para 1998 crearase un fondo de axuda escolar por un importe de 250.000 pesetas para repartir entre os traballadores e traballadoras de ONYX, R.S.U en Narón que teñan fillos e fillas en idade escolar contra factura de gastos escolares oficiais. (Preescolar, EXB, BUP, COU, Universitario).

Artigo 25º.- Póliza de accidentes.

Para os casos de accidente de traballo con resultado de morte dun traballador ou traballadora, a empresa contratará a correspondente póliza de seguro a favor de quen determine o traballador ou traballadora consistente nunha indemnización de 2.500.000 ptas. (dous millóns cincocentas mil pesetas).

Se como resultado de accidente laboral o traballador ou traballadora sufrise unha incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, o importe da indemnización será igualmente de 2.500.000 ptas. (dous millóns cincocentas mil pesetas).

Artigo 26º.- Retirada do permiso de conducir.

No caso de que sexa retirado o permiso de conducir a un conductor ou conductora por accións cometidas e feitos producidos dentro da xornada laboral de traballo, a empresa asignaralle un traballo igual ou equivalente, se existe nese momento, e terá dereito á percepción dos salarios da súa categoría de conductor ou conductora durante 1 ano. Transcorrido este período pasará a percibi-lo salario correspondente á categoría que se encontre desempeñando.

No suposto de que a sanción que derive da retirada do permiso de conducir se produza fóra da xornada laboral, procederase a negociar indiviualmente con cada traballadora ou traballador afectado, dentro das marxes legias establecidas nos artigos 39 e 41 do Estatuto dos traballadores, unha adecuación ó seu novo posto mentres dure a sanción que motivou a retirada do citado permiso.

Os beneficios que se prevén no presente artigo non serán de aplicación cando as causas de retirada do permiso de conducir sexan por imprudencia temeraria ou embriaguez.

Artigo 27º.- Incremento salarial ano .

Ano 1998: IPC real máis dous puntos.

Ano 1999: IPC real máis dous puntos.

O aboamento destes incrementos realizarase da seguinte maneira:

Para o ano 1998 efectuarase un aboamento consistente na previsión oficial do IPC para este ano máis 1 (un punto). Unha vez que se coñeza oficialmente o IPC real do ano 1998 aboarase con efectos retroactivos do 1 de xaneiro do mesmo ano o punto restante, ó que se lle engadirá o importe que exceda do IPC real sobre o previsto se este fose superior, ou ben restarase o punto á diferencia que existise entre o previsto e o IPC real, se este fose inferior.

Para o ano 1999, tan axiña se coñeza a previsión oficial do IPC para ese ano efectuarase un aboamento consistente na previsión oficial do IPC para este ano máis 1 (un punto). Unha vez que se coñeza oficialmente o IPC real do ano 99 aboarase con efectos retroactivos do primeiro de xaneiro do mesmo ano o punto restante, ó que se lle engadirá o importe que exceda o IPC real sobre o previsto se este fose superior, ou ben restarase o punto á diferencia que existise entre o previsto e o IPC real, se este fose inferior.

Artigo 28º.- Días de libre disposición.

Os traballadores e traballadoras desfrutarán de tres (3) días de libre disposición ó ano. A súa solicitude terá que efectuarse con alomenos 72 horas de antelación e por escrito. A súa concesión pola empresa, e polo tanto o seu desfrute, estará en todo caso supeditado ás necesidades de organización do servicio, dado o carácter de servicio público que ten a actividade.

En ningún caso se poderá acumular entre si ou a vacacións ou festivos.

Artigo 29º.- Plus de festivos.

Para o caso de que un traballador ou traballadora de xornada semanal completa teña que presta-los seus servicios en festivo aboaráselle a cantidade de 9.990 pesetas por xonada diaria completa traballada, compensándose ademais cun día de descanso.

No caso de dous (2) días festivos consecutivos, e se as necesidades do servicio o requiriran, terase que traballar necesariamente un deles.

No caso de tres (3) días festivos consecutivos, e se as necesidades do servicio o requiren, terase que traballar necesariamente o do medio.

Artigo 30º.- Licencias retribuídas.

Nas licencias retribuídas rexerá o previsto no Estatuto dos traballadores no seu artigo 37.3º, coa excepción seguinte:

-No caso de enfermidade grave ou falecemento de familiares en primeiro grao, tres días (3).

Disposición derradeira

En virtude do establecido no artigo 33 do convenio xeral do sector, o complemento persoal de antigüidade substitúese polo plus de actividade e calidade no traballo do apartado e) do artigo 13 do presente convenio.

ANEXO

Táboa salarial 1998

CategoríasS. basePTPP. transporteActividadeNocturn.E. xulloE. NadalE. marzoVacaciónsTotal ano

Capataz3.4526904455190117.763117.763103.548123.6872.085.386

Conductor3.140628445220098.43698.43694.219101.2961.796.477

Conductor noite3.14062844522078598.43698.43694.219101.2962.012.381

Peón2.738548445192086.60686.60682.15990.6331.586.002

Peón noite2.73854844519268586.60686.60682.15990.6331.774.263

Administrativo/a97.301044523.4690100.627100.62797.301119.4221.868.817

Multiplicar por nº veces ano

(excepto administrat. mult. por 11)

3302752753302751111

6063