Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1998 polo que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, tramitación de urxencia, da subministración, entrega e instalación de diverso material consistente en equipos de comunicación activa para a ampliación da infraestructura de comunición da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia. (Expediente 5/1998).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e O.U.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: equipamento de electrónica de rede.

b) Lugar de entrega: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Servicio de Informática.

c) Prazo de entrega: 20 días desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total 17.250.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1 Información:

a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano s/n. Santiago de Compostela e delegacións provinciais.

6.2. Adquisición de pregos.

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: rúa Nova de Abaixo, 19. Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se coincidise día inhábil, trasladarase ó siguiente día hábil, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2) Enderezo: San Caetano s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil, contado a partir do remate do prazo de presentación das proposicións.

Se coincidise en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

9. Gastos de anuncios.

Por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1.998.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

6329