Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1998 pola que se anuncian, polo sistema de poxa aberta e tramitación urxente, as obras de ampliación do IES Xosé Neira Vilas de Perillo (Oleiros) e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: ampliación do IES Xosé Neira Vilas de Perillo-Oleiros.

b) Lugar de execución: Oleiros.

c) Prazo de execución: 4 meses.

d) Importe total: 29.768.067 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

2.2. a) Descrición do obxecto: cubrición pista polideportiva do CEIP Francisco Franco de Carballo.

b) Lugar de execución: Carballo.

c) Prazo de execución: 7 meses.

d) Importe total: 33.463.722 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría c.

2.3. a) Descrición do obxecto: desmonte e reparación da calefacción no IES Ánxel Casal da Coruña.

b) Lugar de execución: A Coruña.

c) Prazo de execución: 2 meses.

d) Importe total: 29.523.427.

e) Clasificación do contratista: grupo I, subgrupo 2, categoría e.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Garantías: exímese da garantía provisional ó abeiro do establecido no artigo 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. (Unidade técnica).

b) Domicilio: praza de Luís Seoane s/n, 7ª planta.

c) Localidade e código postal: 15071 A Coruña.

d) Teléfono: 981 18 47 45, 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG. Se este cadra en sábado ou domingo, será o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de claúsulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

-Enderezo: praza de Luís Seoane s/n, 7ª planta.

-Localidade: A Coruña 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

7. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: praza Luís Seoane s/n, 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o oitavo día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cadra en sábado, pásase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 10 horas.

8. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 17 de xullo de 1998.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria da Coruña

7159