Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Ferrol e a praia da Frouxeira por Sedes, con anexo: V-0052; XG-001, por substitución da concesión V-0052; XG-001, entre Ferrol e Sedes, con anexos.

O conselleriro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 5 de xuño de 1998, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, a Francisco Candocia Villadóniga, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Ferrol e a praia da Frouxeira por Sedes, con anexo: V-0052; XG-001, por substitución da concesión V-0052; XG-001, entre Ferrol e Sedes, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

*Ferrol, Alto do Castaño, Freixeiro, Xubia, A Gándara, Sedes, Aviño, Porta do Sol e a praia da Frouxeira.

*Freixeiro, Castro e Porta do Sol.

2. Prohibicións de tráfico.

*De e entre Ferrol e Xubia, puntos intermedios e viceversa.

*Entre Freixeiro e Porta do Sol, ámbolos puntos excluídos, as expedicións que circulen por Castro realizaranse a porta pechada, sen poder captar ningún tráfico algún con orixe ou destino en localidades intermedias.

3. Expedicións.

Ferrol-Sedes-Praia da Frouxeira (19 km).

-Do 16 de setembro ó 14 de xuño:

*Cinco expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

*Catro expedicións de ida e cinco de volta os sábados laborables.

*Catro expedicións de ida e volta os domingos e festivos.

-Do 15 de xuño ó 15 de setembro:

*Sete expedicións de ida e seis de volta de luns a venres laborables.

*Seis expedicións de ida e volta os sábados laborables.

*Seis expedicións de ida e catro de volta os domingos e festivos.

Ferrol-Castro-Praia da Frouxeira (17,3 km).

-Do 15 de xuño ó 15 de setembro:

*Oito expedicións de ida e volta de luns a sábados laborables.

*Nove expedicións de ida e volta os domingos e festivos.

*Tres expedicións de ida e volta de luns a sábados laborables (estas expedicións faranse en función da existencia de usuarios).

*Tres expedicións de ida e unha de volta os domingos e festivos (estas expedicións faranse en función da existencia de usuarios).

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

*Tarifa partícipe por viaxeiro/km.: 8,6364 pesetas.

*Tarifa usuario: 9,2409 pesetas.

*Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,2954 pesetas.

Contra a citada disposición, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

no prazo de dous meses, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

6601