Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1770; XG-123, entre Guillarei-Tui-Ponte Internacional.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) mediante a incorporación do tramo Guillarei-Salvaterra de Miño, como anexo da

concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1770; XG-123, de Guillarei-Tui-Ponte Internacional, da titularidade de Autocares Lázara, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, logo de exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra (estación de autobuses) efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

6517