Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.597

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1998, conxunta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se publica a selección dos premios de carteis, debuxos e redaccións para escolares de niveis non universitarios sobre a educación do consumidor, en conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

Por Resolución do 18 de febreiro de 1998 (DOG nº 44, do 5 de marzo), a Consellería da Presidencia

e Administración Pública convocou premios de carteis ou debuxos e traballos de redacción sobre a educación do consumidor en conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor; vista a proposta do xurado relativa á selección dos traballos presentados, efectuada segundo o disposto nas bases 5ª e 6ª, polo xurado mencionado na base 8ª da citada orde, procede a súa publicación de conformidade con esta. Na virtude

RESOLVEMOS:

Facer pública a selección de premios concedidos para carteis ou debuxos e traballos de redacción presentados de conformidade coa Resolución do 18 de febreiro de 1998, que se relacionan no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1998.

O presidente do Instituto Galego do Consumo

Rubricado

O director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional

Rubricado

ANEXO:

1. Modalidade debuxos:

Título: sen título.

Alumno: colectivo.

Estudios: educación infantil.

Centro: C.P. Antonio Carpintero de Arbo (Pontevedra).

Premio de 125.000 pesetas: 50.000 pesetas para o alumno e 75.000 pesetas para o centro.

Título: sen título.

Alumno: colectivo.

Estudios: 1º e 2º ciclo de educación primaria.

Centro: Centro de Educación Especial nº 2 de Lugo.

Premio de 150.000 ptas.: 65.000 pesetas para o alumno e 85.000 pesetas para o centro.

Título: sen título.

Alumna: María Teresa Castro Fernández.

Estudios: 1º curso de deseño gráfico.

Centro: Ramón Falcón (Lugo).

Premio de 200.000 pesetas: 90.000 pesetas para o alumno e 110.000 pesetas para o centro.

2. Modalidade de redaccións:

Título: O Euro a moeda de todos, chamáa.

Alumna: Iria Regueiro González.

Estudios: 3º ciclo de educación primaria.

Centro: CEIP Tomás de Lemos (Ourense).

Premio de 150.000 pesetas: 65.000 pesetas para o alumno e 85.000 pesetas para o centro.

Título: O Euro, unha moeda para todos.

Alumna: Mónica Pérez Vázquez.

Estudios: 1º ciclo ESO.

Centro: CEIP San Miguel de Paradela (Lugo).

Premio de 175.000 pesetas: 75.000 pesetas para o alumno e 100.000 pesetas para o centro.

Título: O Euro, unha moeda de todos.

Alumnas: Vanessa Rivera González e Rocío Rodríguez Enríquez.

Estudios: 2º ciclo ESO.

Centro: IES Río Cabe, Monforte de Lemos (Lugo).

Premio de 200.000 pesetas: 90.000 pesetas para o alumno e 110.000 pesetas para o centro.

6808