Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 27 de xullo de 1998 Páx. 8.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO de convocatoria de concurso de obras deste concello que se financian con cargo ó Plan Leader II. (Medida B-6-DICOM)..

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 112/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das seguintes obras:

-Construcción dunha área recreativa en Cabreiroá.

-Construcción dunha área recreativa en Queizás.

b) Lugar de execución: Cabreiroá y Queizás.

c) Prazo de execución: seis meses, para cada obra.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

-Área recreativa en Cabreiroá: 8.637.386 pesetas.

-Área recreativa en Queizás: 8.525.704 pesetas.

5. Garantías.

-Área recreativa en Cabreiroá:

Provisional: 172.748 pesetas.

Definitiva: 345.495 pesetas, mailo 4% sobre o importe das melloras que se oferten, que se valoren e que se acepten no concurso.

-Área recreativa en Queizás:

Provisional: 170.514 pesetas.

Definitiva: 341.028 pesetas, maiolo 4% sobre o importe das melloras que se oferten , que se valoren e se acepten no concurso.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Verín.

b) Domicilio: Praza do Concello.

c) Localidade e código postal: Verín, 32600.

d) Teléfono: 988 41 03 34.

e) Fax: 988 41 19 00.

f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas : a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

Os concursantes que formulen proposición para as dúas obras presentarán a mesma documentación, agás a garantía provisional que será a que se indicou para cada obra.

c) Lugar de presentación: mesmos datos que no punto 6.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida en sábado, domingo ou festivo, suposto

no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación expediente de contratación: Decreto Alcaldía do 3-7-1998.

c) Consulta documentación: imprenta Monterrey, Avenida de Portugal, frontre á Praza do Concello, teléfono: 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 3 de xullo de 1998.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde

7048