Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 27 de xullo de 1998 Páx. 8.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 11 de maio de 1998, aprobou inicialmente o proxecto de subdivisión da unidade de actuación nº6 do PERI de Pontepedriña, e a delimitación das dúas unidades resultantes (UA-6A e UA-6B), promovido pola entidade mercantil Constructora e Promotora Touro, S.L. Así mesmo, tamén se aprobou inicialmente como sistema de actuación en ámbalas dúas unidades o de compensación.

O ámbito das citadas unidades sitúase a marxe leste da Travesa do Paxonal, na súa confluencia coa estrada N-525 (Santiago de Compostela-Ourense).

O expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que coiden oportunas.

Edicto.

De conformidade co previsto no artigo 121.1º da Lei do solo de Galicia, este anuncio serviralles de citación persoal, en forma legal, ós seguintes propietarios afectados, ou a aqueloutros que resulten de idientidade ou paradoiro descoñecidos.

Propietario: José e Ramón Gómez Conde.

Número de finca: 554 b).

Propietario: Daniel González Mourelle.

Número de finca: 554.

Propietario: Josefa Gómez Conde.

Número de finca: 554a).

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

7128