Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 27 de xullo de 1998 Páx. 8.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

No BOP do día da data publícanse os pregos de condicións íntegros que rexerán o concurso e posterior contrato para outorga-la concesión administrativa de obra pública para a instalación e explotación de cafetería con terraza na zona axardinada Regato dos Muíños, na Valenzá, inmediacións da urbanización Bahamonde, segundo acordo da Corporación Municipal do día 25 de xuño último.

-Fianza provisional. 100.000 ptas. Fianza definitiva: 4% do orzamento das obras e mínima de 250.000 ptas.

-Presentación de documentación e proposicións: no rexistro xeral do concello, en días hábiles e horas de oficina, ata as 12 horas do vixésimo sexto (26) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, computándose o prazo a partir da última publicación. Se o último fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

-Documentación que hai que presentar e criterios de valoración para a adxudicación do concurso: consta detallada no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten nas oficinas municipais, en Cimadevila-Barbadás, teléfono: 988 36 00 00. Fax. 988 36 01 26.

-Apertura de plicas: ás 13 horas do día hábil seguinte, agás sábados, ó de finalización do prazo de presentación de ofertas e documentación.

-Modelo de proposición: Don/Dona.....provisto/a do DNI nº.... con domicilio en....no nome propio (ou na representación de...., segundo acredita con poder que achega no que verifica a súa suficiencia, informado/a dos pregos de condicións e demais documentos do expediente, para contratar, mediante con

curso, a concesión administrativa de obra pública para a instalación e explotación de cafetería con terraza na zona axardinada Regato dos Muíños, na Valenzá, inmediacións da urbanización Bahamonde, comprométese a realizala con estricta suxeición ás condicións citadas e ó proxecto (ou proxectos) presentado, e ofrece: canon anual....ptas. Prazo da concesión...anos. Outros datos..... Achega dous exemplares de cada proxecto, así como tódolos documentos esixidos no prego. Lugar, data e sinatura.

Queda sen efecto o anuncio publicado no Diario oficial de Galicia do día 16 de xullo deste ano.

Barbadás, 17 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

6604