Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 27 de xullo de 1998 Páx. 8.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para o equipamento de hospitalización, Plan de Necesidades 1998. C.P. 126/1998.

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 21 de abril de 1998 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos

correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: equipamento de hospitalización-Plan de Necesidades 1998.

Orzamento: 35.588.000 ptas.

Garantía provisional: 711.760 ptas.

Lote 1: camas hospitalarias, arco balcánico e mesas de noite.

Orzamento: 24.282.000 ptas.

Garantía provisional: 485.640 ptas.

Lote 2: sillóns para pacientes.

Orzamento: 3.060.000 ptas.

Garantía provisional: 61.200 ptas.

Lote 3: asideiros de baño c/barra abatible e asentos p/ducha con respaldo.

Orzamento: 4.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 80.000 ptas.

Lote 4: aparato de tensión automático.

Orzamento: 2.850.000 ptas.

Garantía provisional: 57.000 ptas.

Lote 5: laterais p/camas estándar (pares) e aspiradores intermitentes.

Orzamento: 1.396.000 ptas.

Garantía provisional: 27.920 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: 15 días a partir da sinatura do contrato.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 50%.

Calidade técnica e mantemento: 30%.

Prazo de entrega: 20%.

Total: 100%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta

baixa da Escola Univesitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 7 de xullo de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

7115