Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 27 de xullo de 1998 Páx. 8.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.- Resolución do 23 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa polo procedemento aberto con trámite de urxencia, das obras de clave OH.215.411 e OH.227.277.

Advertido erro na antedita resolución, relativa ás obras de depósito en Queiruga (Porto do Son-A Coru

ña) e de mellora do abastecemento e da ETAP de Bóveda (Bóveda-Lugo), publicada no Diario Oficial de Galicia número 125, con data do 1-7-1998, páxina 7.464, transcríbese a continuación a seguinte rectificación:

No apartado 1.1. onde di: «Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c» e «Fianza provisional: non se esixe.», debe dicir: «Clasificación: non se esixe. Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a) e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 17, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador clasificación do grupo E, subgrupo 1, categoría c, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica e profesional.

Fianza provisional: 228.720 pesetas».

No apartado 1.2. onde di: «Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría a». e «Fianza provisional: non se esixe.», debe dicir: «Clasificación: non se esixe. Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a) e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 17, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador clasificación do grupo K, subgrupo 8, categoría a, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica e profesional.

Fianza provisional: 199.998 pesetas».

No apartado 5. parágrafo dous onde di: «O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día vinte (20) de xullo de 1998», debe dicir: «O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día un (1) de setembro de 1998».

No apartado 6., onde di: «Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás 10 horas do día trinta (30) de xullo de 1998» debe dicir: «A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día once (11) de setembro de 1998».

7123