Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 27 de xullo de 1998 Páx. 8.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, das obras que se citan. (Clave OH.336.348 e dúas máis).

A) Obra.

1. Colectores das marxes do río Umia. (Vilanova de Arousa, Cambados e Ribadumia-Pontevedra).

Clave: OH.336.348

Orzamento: cincocentos noventa e nove millóns oitocentas vinte unha mil trescentas corenta e nove pesetas (599.821.349).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Abastecemento de auga a núcleos da Pastoriza-segunda fase. (A Pastoriza-Lugo).

Clave: OH.227.284

Orzamento: cento trinta e un millóns setecentas sesenta e nove mil trescentas vintesete pesetas (131.769.327).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Abastecemento de auga ó concello de Castro de Rei. (Castro de Rei-Lugo).

Clave: OH.227.285.

Orzamento: cento cincuenta e oito millóns setecentas sesenta e cinco mil cento corenta e cinco pesetas (158.765.145).

Prazo de execución: 33 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c; grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día oito (8) de setembro de 1998.

F)Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día dezaoito (18) de setembro de 1998.

G)Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 20 de xullo 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

7132