Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 27 de xullo de 1998 Páx. 8.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa para a conducción, distribución e subministración industrial de gas canalizado nos termos municipais de Curtis, Mesía e Vilasantar e para a conducción de gas canalizado nos termos municipais de Abegondo e Cesuras.

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para o desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos e no artigo 11 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do

26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:

Peticionario: Enagás, S.A. con enderezo na r/ La Rosa, 16, 3º B, 15701 Santiago de Compostela.

Obxecto da petición: concesión administrativa para o servicio público de conducción, distribución e subministración industrial de gas canalizado nos termos municipais de Curtis, Mesía e Vilasantar, para a conducción de gas canalizado.

Descrición das instalacións: a conducción obxecto desta concesión afecta os termos municipais relacionados a continuación, para cada un dos que se procede a unha breve descrición das infraestructuras que está previsto instalar.

Termo municipal de Abegondo:

Tramo do ramal a Curtis, correspondente ó T.M de Abegondo.

O ramal a Curtis con 8" de diámetro, parte da posición I-016, do gaseoducto Vilalba-Tui, onde se instalará unha Estación de Regulación e Medida (ERM), tomando dirección sudeste, ata chegar ó T.M. de Mesía.

Resumo de canalización no T.M. de Abegondo: diámetro 8", lonxitude 400 m.

Termo municipal de Cesuras:

Tramo do ramal a Curtis, correspondente o T.M. de Cesuras.

O ramal en 8" cruza o T.M. en dúas ocasións, na zona sur, procedente en ámbolos casos do T.M. de Mesía.

A primeira vez, á altura do p.q. 9 da estrada que conduce a Outeiro da Igrexa, onde se separa desta, tomando dirección leste, e saíndo seguidamente do T.M. á altura do Alto de Cabrui, a conducción que continúa con 8" de diámetro volve atravesa-lo T.M. en sentido leste, ata entrar no T.M. de Curtis.

Resumo da canalización no T.M. de Cesuras: diámetro 8", lonxitude 1.300 m.

Termo municipal de Curtis:

Tramo do ramal a Curtis, correspondente ó T.M. de Curtis.

A conducción con diámetro 8" procedente do T.M. de Cesuras, entra neste T.M. á altura do p.q. 39 da estrada N-540, cruzando esta en sentido leste, deixando á dereita o Monte de Sismonde, para a continuación separarse en forma de T.

O ramal a Curtis pasa a 6" de diámetro neste punto e toma dirección nordeste, pasando próximo a Seixo de Arriba, e tras cruza-lo FF.CC. Madrid-A Coruña chega ás proximidades de Tableros Losán, punto final do ramal.

Previamente, deixarase un punto de entrega con válvula, para futura subministración a industrias situadas na estrada a Betanzos, o que constitúe unha reserva de caudal.

Tramo da rede de Mesía correspondente ó T.M. de Curtis

Iníciase na T antes mencionada e toma dirección sudoeste con diámetro de 6" ata chegar ó T.M. de Vilasantar.

Resumo de canalización no T.M. de Curtis: diámetro 8", lonxitude 1.200 m e diámetro 6", 1.900 m.

Termo municipal de Mesía.

Tramo do ramal a Curtis, correspondente ó T.M. de Mesía.

O ramal entra no T.M. de Mesía procedente de Abegondo con orientación sueste e un diámetro de 8" para cruza-lo río Rego do Conxo e bordea-lo Monte Ricos pola súa parte sur, e continuar en paralelo á estrada que conduce a Outeiro, cruzando as estradas que se dirixen a Pousadoiro, Vilanova e Barral respectivamente.

A altura do km 9 da estrada a Outeiro, a conducción introdúcese no T.M. de Cesuras para saír de novo a Mesía, tomando agora dirección leste, e pasando ó norte das poblacións de Cruceiro, Leborís e Tarroeira, cruzando varias estradas en canles de auga, ata abandona-lo T.M.

Tramo da rede de Mesía, correspondente ó T.M. de Mesía.

A conducción, con 6" de diámetro, entra no termo municipal de Mesía, procedente de Vilasantar, e mantense paralela en dirección sur á estrada N-544, entre os p.q. 2 e 8 ata as proximidades das industrias Cerámicas Verea e Campo, onde se acometerán ámbalas dúas finalizado o trazado.

Resumo de canalización no T.M. de Mesía: diámetro 8", lonxitude 13.500 m e diámetro 6", lonxitude 7.500 m.

Termo municipal de Vilasantar.

Tramo da rede de Mesía, correspondente ó T.M. de Vilasantar.

A conducción neste municipio ten a súa orixe no límite con Curtis, nas proximidades do alto de Sismondo avanzando en dirección sudoeste cun diámetro de 6", para cruza-las estradas N-540 e N-544, e finaliza-lo tramo no límite co T.M. de Mesía cerca da intersección coa estrada N-544.

Así mesmo, neste T.M. instalarase unha acometida para a subministración a Secaderos Losán cun diámetro de 4".

Resumo de canalización no T.M. de Vilasantar: diámetro 6", lonxitude 1.050 m e diámetro 4", lonxitude 600 m.

Área de concesión: os municipios afectados pola concesión son Curtis, Mesía, Vilaantar, Abegondo e Cesuras, todos eles na provincia da Coruña.

Orzamento: seiscentos corenta millóns trescentas corenta e catro mil pesetas (640.344.000 ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de concesión na

Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

6682