Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 27 de xullo de 1998 Páx. 8.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/47-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares 23 2º Ofc. 2, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Barrio de Devesa-edificio protección oficial.

Situación: concello de Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea a 20 kV, de 208 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.,

desde o C.T. Salceda-P, na rúa trinta e nove, ata o C.T. que se proxecta no barrio da Devesa, no edificio de protección oficial, Concello de Salceda de Caselas. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV-230/400 V. R.B.T., subterránea, de 165 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 11 de xuño de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6138