Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Enderezo social: Marqués de Valladares 23-2º Ofic. 2, 36201 Vigo.
Denominación: reforma L.M.T. A Gabiñeira-Cabreira e cambio situación C.T.
Situación: Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 70 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoio de formigón, desde o apoio 22 da L.M.T. xeral Salvatrerra-Salceda ata o C.T. que se proxecta na Gabiñeira-Cabreira, Concello de Salvaterra do Miño. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 2 de xuño de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
6136