Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 27 de xullo de 1998 Páx. 8.491

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de xuño de 1998 pola que se autoriza definitivamente a implantación dos ciclos formativos de grao superior de secretariado, da familia profesional de administración, e desenvolvemento de aplicacións informáticas, da familia profesional de informática, ó centro privado Junior's de Santiago de Compostela (A Coruña).

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Junior's de Santiago de Compostela, no que solicita autorización para poder impartir ciclos formativos de grao superior de secretariado da familia profesional de administración e desenvolvemento de aplicacións informáticas da familia profesional de informática.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 777/1998, do 30 de abril (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos de ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Real decreto 1658/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en secretariado, Real decreto 1661/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por propuesta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro.- Autoriza-lo centro para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior de secretariado, da familia profesional de administración e de desenvolvemento de aplicacións informáticas, da familia profesional de informática.

Segundo.- Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.- Queda o centor obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teñe que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Silvouta.

Enderezo: Silvouta-Roxos.

Código do centro: 15016449.

Denominación específica: Junior's.

Titular: Colegio Junior's S.A.

Ensinanzas que se autorizan:-1 ciclo formativo de grao superior de secretariado, da familia profesional de administración (2 unidades).-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas, da familia profesional de informática (2 unidades).

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 6 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato: 10 unidades coas modalidades de ciencias da natureza e da saúde; humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.

e) Centro de formación profesional específica:-1 ciclo formativo de grao superior de secretariado, da familia profesional de administración (2 unidades).-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas, da familia profesional de informática (2 unidades).

5607