Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1998 pola que se anuncia concurso público para a contratación dos servicios de desenvolvemento de seminarios para xoves emprendedores correspondentes ó programa Lanza 98.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) dos servicios de desenvolvemento de seminarios para xoves emprendedores correspondente ó programa Lanza 98 do Igape.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16, baixo, 15701 Santiago de Compostela, Teléfono: 981 54 11 87, fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 8/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Servicios de desenvolvemento de seminarios para xoves emprendedores correspondentes ó Programa Lanza 98 do Igape, dividido en tres lotes iguais consistentes en ciclos de seminarios para emprendedores, dirixidos a aqueles xoves, con capacidade de crea-la súa propia empresa, que fosen seleccionados para participaren no Programa Lanza do Igape, e elaboración de manual de apoio ós titores dos proxectos.

b) Prazo de execución: 12 meses desde a data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 15.660.000 ptas. (IVE incluído), desagregados en tres lotes, por un orzamento máximo de 5.220.000 ptas. cada lote.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que se licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 13 horas do día 28 de agosto. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

7053