Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa polo procedemento aberto, das obras que se citan (clave OH.232.334 e seis máis).

A) Obra.

1. Abastecemento a Grixó-primeira fase. (Padrenda-Ourense).

Clave: OH.232.334.

Orzamento: doce millóns oitocentas unha mil novecentas vintecinco pesetas (12.801.925).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a) e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 17, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador clasificación do grupo E, subgrupo 1, categoría b, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira da solvencia técnica e profesional.

Fianza provisional: duascentas cincuenta e seis mil trinta e nove pesetas (256.039).

2. Saneamento en Santa Baia, Freixoso e Espiñoso. (Cartelle-Ourense).

Clave: OH.332.332.

Orzamento: trinta e sete millóns cento unha mil novecentas vintecinco pesetas (37.101.925).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Saneamento en San Cibrao, Oímbra e O Rosal. (Oímbra-Ourense).

Clave: OH.332.333.

Orzamento: vintetrés millóns seiscentas trinta mil cento oitenta e cinco pesetas (23.630.185).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Abastecemento de auga en Verducedo. (Moaña-Pontevedra).

Clave: OH.236.390.

Orzamento: trinta millóns seiscentas unha mil novecentas vintecinco pesetas (30.601.925).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Abastecemento de auga a Vilaformán. (Trabada-Lugo)).

Clave: OH.227.275.

Orzamento: trinta e cinco millóns setecentas noventa e cinco mil novecentas cincuenta e tres pesetas (35.795.953).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

6. Renovación da rede de abastecemento de auga en Trabada. (Trabada-Lugo).

Clave: OH.227.276.

Orzamento: trinta e tres millóns catrocentas trinta e seis mil setecentas noventa e cinco pesetas (33.436.795).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

7. Ampliación da rede de saneamento en Quiroga. (Quiroga-Lugo).

Clave: OH.327.282.

Orzamento: vintenove millóns catrocentas corenta e cinco mil novecentas setenta pesetas (29.445.970).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día un (1) de setembro de 1998.

F)Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día once (11) de setembro de 1998.

G)Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

7052