Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicos os acordos de iniciación de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificaselles ás persoas que no anexo se mencionan os acordos de iniciación dictados en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1ºd) da Lei orgánica 1/1992.

Desíngase instructora do expediente á xefa da Sección de Asociacións e Espectáculos, Margarita Olmo Bosco, e secretaria á xefa de grupo, Mª Teresa Iglesias Lugrís, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide covenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigo 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 3 de xullo de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número

Expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Multa

máxima

391/98Martiendo, S.L.B-15.631.377Avda. de Toques e Friol, nº 37, MelideDiscoteca Estación 3526-e) LO 1/199228 LO 1/1992Ata 50.000 ptas.
321/98Antonio López Asorey33.215.850Rúa de Conxo, nº 35,

Santiago de Compostela

Whiskería San Lázaro26-e) LO 1/199228 LO 1/1992Ata 50.000 ptas.
446/98José Mouro Pazos33.273.312Lugar de Vilachán s/n, NegreiraTintín26-e) LO 1/199228 LO 1/1992Ata 50.000 ptas.
471/98José Mouro Pazos33.273.312Lugar de Vilachán s/n, NegreiraTintín26-e) LO 1/199228 LO 1/1992Ata 50.000 ptas.

6502