Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión do 9 de xullo de 1998 o plan especial para a recuperación ambiental do sistema dunar e zona húmida da praia de Carragueiros (T.M. Boiro), en aplicación do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo o expediente poderá ser examinado polos interesados na secretaría deste concello para formula-las alegacións ou reclamacións que consideren pertinentes.

Boiro, 13 de xullo de 1998.

Jesús Alonso Fernández

Alcalde

6962