Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA TEIXEIRA

ANUNCIO de licitación dun expediente de contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello da Teixeira (Ourense).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: C/02.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: abastecemento a Abeleda (PIEL 1998).

b) Lugar de execución: Abeleda (Concello da Teixeira).

c) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

a) Importe total: 12.121.137 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

a) Provisional: 242.423 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Teixeira.

b) Domicilio: rúa Ivedo-Valilongo, nº 19.

c) Localidade e código postal: A Teixeira 32765.

d) Teléfono: 988 20 74 00.

e) Fax: 988 20 74 45.

f) Data límite de obtención da documentación e información: a de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: cumprimento do preceptuado na cláusula 10.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG. O prazo comezará a computarse a partir da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar:

Sobre A: nel figurará a seguinte inscrición: proposición para tomar parte na adxudicación por concurso das obras de abastecemento a Abeleda.

Sobre B: nel figurará a seguinte inscrición: documentación para o concurso de adxudicación das obras de abastecemento a Abeleda.

c) Lugar de presentación: o establecido no punto 6 (obtención de documentación e información).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas.

Lugar: Concello da Teixeira.

Data: o segundo día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das proposicións (salvo que coincida en sábado, xa que neste caso se trasladará ó día seguinte hábil).

Hora: 17 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación no concurso: os recollidos no prego.

b) Exposición pública do prego de cláusulas: catro días seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG. O prazo comezará a computarse a partir da publicación do último anuncio.

11. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario.

A Teixeira, 7 de xullo de 1998.

Miguel Antonio Cid Álvarez

Alcalde

6961