Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.284

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A.

CORRECCIÓN de erros.-Anuncio do 13 de xullo de 1998 polo que se nomean os membros das comisións de valoración do proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal fixo da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A., segundo o anuncio públicado no Diario Oficial de Galicia con data do 16 de xuño de 1998.

Advertidos erros no citado anuncio, publicado no DOG do 16 de xullo de 1998, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 8.124, onde di: «(doutor xeral de Política Financeira e do Tesouro); (doutora xeral de Tributos); (doutor xeral do Instituto Galego de Estatística); (doutor xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios)», debe dicir: «(director xeral de Política Financeira e do Tesouro); (directora xeral de Tributos); (director xeral do Instituto Galego de Estatística); (director xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios).».