Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.284

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO MUNICIPAL DOS DEPORTES DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto da subministración dun vehículo para o Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Dependencia: Administración.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración dun vehículo para transporte de persoal e mercadorías para o Instituto Municipal dos Deportes.

Unidades que hai que entregar: unha.

Lotes: no.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo: o que sinalen os licitadores nas súas ofertas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 5.000.000 de ptas.

5. Garantías: provisionais: 100.000 ptas.

Definitiva: o 4% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Tfno.: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicita-la documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación que será publicado no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio y localidade: Departamento de Administración do Instituto Municipal dos Deportes. Avda. de Castrelos nº 1 Vigo. Teléfono: 986 23 68 09.

Data e hora: ás 10 horas do primeiro día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación das ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 12 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 12 de maio de 1998.

José Manuel Figueroa Vila

Presidente do Consello de Administración

do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo

6922