Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

Aprobadas polo Pleno da Corporación as bases que rexerán a provisión dunha praza de sarxento-xefe da policía local, vacante no cadro de persoal funcionario, e incluída na oferta e emprego público para 1998, faise público un extracto delas, publicándose o seu texto íntegro no BOP de Pontevedra.

1. Obxecto da convocatoria: provisión, mediante oposición libre, da praza de sarxento-xefe da policía local, encadrada no grupo C, co nivel 16.

2. Requisitos: ser español. Ter cumpridos 18 años de idade, e non exceder dos 50 anos. Atoparse en posesión do título de bacharelato superior, ou equivalente. Non estar inhabilitado nin separado do servicio das adminstracións públicas. Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B2 ou equivalentes. Posuír unha estatura mínima de 1,70 m. para homes e de 1,65 m. para mulleres. Comprometerse a portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas. Acredita-la aptitude física mediante certificaco médico. Non estar incurso en incapacidade ou incompatiblidade. Estes requisitos deberán ser referidos á data na que se remate o prazo de presentación de instancias.

3. Solicitudes e admisión: as instancias ás que se engadirán o certificado médico e o compromiso de portar armas, serán dirixidas ó alcalde-presidente, e presentadas no rexistro xeral do concello, ou en calquera das formas permitidas polo artigo 38.4º da Lei 30/1992, durante o prazo de 20 días naturais a contar do seguinte ó da publiación do anuncio de convocatoria no BOE. Os dereitos de exame fíxanse na cantidade de 3.000 ptas.

4. Tribunal. O tribunal cualificador da oposición estará integrado do seguinte xeito: Presidente: o alcalde. Secretario: o da corporación. Vocais: o concelleiro-delegado de persoal; un representante da Xunta de Galicia; un representante da Xefatura Provincial de Tráfico; un funcionario de carreira e un representante dos sindicatos. A designación dos membros do Tribunal incluirá a dos respectivos suplentes.

5. Probas da oposición: as probas divídense en probas de aptitude física e probas teóricas. As primeiras consistirán nun recoñecemento médico, nun exame psicotécnico, e probas de capacitación física (resistencia, percorrendo 500 m. lisos en 2 minutos e 30 segundos para homes e 3 minutos para mulleres; velocidade, percorrendo 50 m lisos en 9 segundos para homes e 10 segundos para mulleres; lanzamento, dunha bola de 5 kg para homes e de 3 kg para mulleres, distancia mínima 5,5 m.; forza flexora, 5 flexións para homes e 3 para mulleres, nun tempo máximo de 1 minuto; salto de lonxitude 3,5 m para homes e 3 m para mulleres; salto de altura, 1,10 m para homes e 1 m para mulleres). A cualificación será global, coa avaliación de apto ou non apto.

Probas teóricas: 1º exercicio, desenvolvemento por escrito de dous temas elixidos dentro dos que figuran no programa. 2º exercicio, práctico, desenvolvemento por escrito dun suposto práctico formulado polo tribunal.

6. Relación de aprobados e presentación de documentación: a proposta do tribunal á Comisión de Goberno acordará o nomeamento como funcionario en prácticas, debendo presenta-la documentación esixida nestas bases e tomar posesión no prazo máximo de 30 días.

7. Curso selectivo de formación: o funcionario nomeado participará no curso selectivo de formación que convoque a Academia Galega de Seguridade, e superado este, será nomeado definitivamente funcionario de carreira.

8. Programa: o programa, co texto íntegro das bases, publícase no BOP de Pontevedra. Poderán obterse, así mesmo as bases na secretaría do concello.

Cambados, 29 de xuño de 1998.

José M. Cores Tourís

Alcalde

6493