Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de licitación para a contratación da obra denominada memoria valorada das obras complementarias para urbanización do contorno da gardería con primeiro e segundo ciclo situada no Grupo Escolar Vista Alegre II de Burela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Burela.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra incluída no proxecto memoria valorada das obras complementarias para urbanización do contorno da gardería con primeiro e segundo ciclo situada no Grupo Escolar Vista Alegre II de Burela.

b) Lugar de execución: Burela.

c) Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 6.019.234 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 120.385 ptas.

Definitiva: 240.770 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Burela (secretaría).

b) Enderezo: rúa Pardo Bazán, nº 6.

c) Localidade e código postal: 27880 Burela.

d) Teléfono: 982 58 60 00.

e) Telefax: 982 58 59 45.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Prazo: das 9 ás 14 horas, durante o prazo de trece días naturais contados desde a publicación do anuncio de licitación no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a prevista no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: concello (rexistro xeral).

8. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo G, subgrupo 06, categoría D.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: concello (salón de comisións).

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, non coincidente con sábado; en tal caso realizaríase a apertura o primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Tendo en conta que conforme o disposto no artigo 122 do R.D.L. 781/1986, do 28 de abril, encóntrase sometido a información pública o prego de cláusulas adminstrativas que rexerá esta contratación e o proxecto técnico da obra de referencia, segundo anuncio publicado no BOP de Lugo nº 146, con data do 27 de xuño de 1998, polo presente anuncio faise saber que no suposto de que se presentasen reclamacións contra os citados documentos dentro do prazo sinalado, a licitación quedará aprazada ata a súa resolución. Neste caso publicarase un novo anuncio no BOP de Lugo, con indicación da data límite de presentación das ofertas.

Burela, 29 de xuño de 1998.

P.D.F. (Resolución Alcaldía 6-5-1996)

Sergio López García

Primeiro tenente de alcalde

6422