Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.261

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán concursos a prazas de profesorado desta universidade convocadas por Resolución do 5 de decembro de 1997.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os preside ntes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron de signados polo Consello de universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocadas por resolución da universidade de Vigo do 5 de decembro de 1997 (BOE do 19) que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra este resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 29 de xuño de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº praza:105/97.

Corpo: profesores titulares de universidade .

Área de coñecemento: enxeñería química.

Comisión titular:

Presidente: Juan Manuel Lema Rodicio, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal Secretaria: M. Ángeles Sanromán Braga, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais: Sebastián Muñoz Guerra, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

David Pedro Serrano Granados, profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

José Sáez Mercader, profesor titular de universidade. Universidade de Murcia.

Comisión suplente:

Presidente: Alberto Arce Arce, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: José Enrique Tojo Suárez, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais: Emilio Llorente Gómez, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Luis Francisco Arévalo Hidalgo, profesor titular de universidade. Universidade do País Vasco

Sebastián Sánchez Villasclaras, profesor titular de universidade. Universidade de Xaén.

Nº praza: 106/97.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería química.

Comisión titular:

Presidente: José Mario Díaz Fernández, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Vocal Secretario: Luis Arsenio García Díaz, profesor titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Vocais: Martín Olazar Aurrecoechea, catedrático de universidade. Universidade do País Vasco.

Constantino Fernández Pereira, profesor titular de universidade. Universidade de Sevilla.

Ramona Mª. Díaz Fernández, profesora titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Comisión suplente:

Presidente: Ignacio Lombraña Alonso, catedrático de universidade. Universidade do País Vasco.

Vocal secretario: Federico Mijangos Antón, profesor titular de universidade. Universidade do País Vasco.

Vocais: Claudi Mans Teixido, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Emilia Mª. Gaudiz Escobar, profesora titular de universidade. Universidade de Granada.

José Mª. Encinar Martín, profesor titular de universidade. Universidade de Estremadura.

6468