Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.261

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso á praza de profesorado 89/1997 desta universidade convocada por Resolución do 5 de novembro de 1997.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Vigo do 5 de novembro de 1997 (BOE do 6 de decembro) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 29 de xuño de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº praza: 89/1997.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: bioloxía celular.

Comisión titular:

Presidente: Ramón Anadón Álvarez, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: Encarnación de Miguel Villegas, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais: Manuel José Gayoso Rodríguez, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Mª Manuela Bullón Sopelana, profesora titular de universidade. Universidade de Valladolid.

Guillermina Bautista Harris, profesora titular de universidade. Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Comisión suplente:

Presidente: Benjamín Fernández Ruiz, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal secretaria: Mª Celina Rodicio Rodicio, profesora titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais: Mercedes Durfort Coll, catedrática de universidade. Universidade de Barcelona.

Carlos Fernández Ardavín Castro, profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Jordi Benet Catalá, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

6266