Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 18 de maio de 1998 aprobou inicialmente un estudio de detalle na rúa e travesa da Fervenza (Conxo), formulado polo servicios técnicos municipais. O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes contado desde

a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, suspensión do outorgamento de licencias no ámbito do citado estudio de detalle, para os usos e obras que resultan incompatibles coa ordenación proxectada.

O ámbito de actuación sitúase na marxe oeste da rúa da Fervenza, entre o río Sar, as instalacións de Televés (SUNP-39), e o sanatorio psiquiátrico de Conxo.

Contra a suspensión de licencias poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde que reciba esta notificación.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1998.

O alcalde

Rubricado

6824