Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación polo trámite de urxencia, mediante sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras de reparacións varias no centro de saúde de Cachada-Arteixo (A Coruña).

1. Obra: reparacións varias no centro de saúde de Cachada-Arteixo (A Coruña).

2. Orzamento da contrata: 18.135.936 pesetas.

3. Prazo de execución: 3 meses.

4. Clasificación do contratista: non se esixe.

5. Garantía definitiva: 725.437 pesetas.

6. Forma de tramitación: urxente.

7. Variantes ó proxecto: non se admiten.

8. Exposición de proxectos: os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na División de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

9. Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

9. Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Documentación que deberán presenta-los licitadores:

a) No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2ª do prego de cláusulas administrativas.

b) No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3ª do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

c) No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4ª do prego de cláusulas administrativas.

11. Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

12. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División

de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

13. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1998.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos

6638