Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1998 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, para a contratación dunha consultoría e asistencia consistente na execución da enquisa de intercambios de mercadorías co norte de Portugal 1997.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación

dun contrato de consultoría e asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº de expediente: 640.2/201.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: traballos de campo da enquisa de intercambios de mercadorías co norte de Portugal (ano de referencia 1997).

b) Prazo de execución: 90 días naturais contados a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 4.400.000 pesetas.

5. Garantía provisonal: 88.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27. Santiago de Compostela. CP 15702. Teléfono: 981 54 13 21, e Fax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: presentaranse de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 26 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario das 9 ás 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas: o décimo día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h e nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio, será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1998.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

6805