Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 17 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T. Duomes-Barquiña (tramo Barquiña).
Situación: Negreira.
Características técnicas: reforma L.M.T. a 20 kV denominada Duomes-Barquiña no tramo de Barquiña de 362 m de lonxitude en conductor LA-110. Concello de Negreira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 9 de xuño de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
6090