Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/169-1).

Para os efectos previstos na Lei 5471997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., R.B.T. instituto (Pompeán-Augas).

Situación: Ordes.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 1.176 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV-240 mm Al, que parte do C.T. Calvo Sotelo e remate no C.T. que se vai construír no instituto de 400 kVA, tipo caseta prefabricada e rede de B.T. subterránea de 429 m. Concello de Ordes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6071