Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1998 pola que se anuncia concurso público 4/1998, procedemento aberto, das obras de cambio da carpintería exterior na planta segunda da escola técnica superior de arquitectura, A Zapateira. (Expediente 3022/1998).

Convócase concurso público, procedemento aberto, polo trámite de urxencia, as obras de cambio de carpintería exterior na planta 2ª da E.T.S. arquitectura, A Zapateira.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Mestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Mestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: 19.527.858 pesetas.

Garantía provisional: 390.557 pesetas.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de ejecución: 75 días.

A Coruña, 10 de xullo de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

6785