Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1998 pola que se anuncia concurso público 4/1998, procedemento aberto, o mantemento de extintores no campus de Ferrol e A Coruña. (Expediente 2049/1998).

Convócase concurso público, procedemento aberto, polo trámite de urxencia, o mantemento de extintores no campus de Ferrol e A Coruña.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Mestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Mestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación:

Lote 1: oitocentas trinta e catro mil, cento cincuenta e seis pesetas (834.156).

Lote 2: dous millóns seiscentas setenta e sete mil oitocentas setenta e cinco pesetas (2.677.875).

Garantía provisional:

Lote 1: dezaseis mil seiscentas oitenta e tres pesetas (16. 683).

Lote 2: cincuenta e tres mil cincocentas cincuenta e sete pesetas (53.557).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de vixencia: 1 ano.

A Coruña, 10 de xullo de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

6784