Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/125-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Casaldoira.

Situación: Allariz.

Descricións técnicas: 3 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor LA-56. (1ª) de 993 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 69 da L.M.T. existente Allariz-Celanova e remate no apoio nº 6 da L.M.T. proxectada o C.T. con 100 kVA. R/T 20.000/380-220 V de Magarelos-Portela. (2ª) de 529 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da L.M.T. proxectada a C.T. de Magarelos-Portela e remate no C.T. aéreo proxetado de Magarelos-Portela. (3ª) de 392 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da L.M.T. proxectada a C.T. Magarelos-Portela e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Quintas de San Trocado. R.B.T. aéreas con orixe nos C.T. proxectados, de 765 e 1.395 m respectivamente en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 5 de xuño de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5843