Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T. Valle Inclán.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al, de 30 m de lonxitude, con orixe na liña La Salle-Museo arte contemporánea (expediente 26471) e remate na mesma liña unha vez saia no C.T. r/Valle Inclán, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en r/Valle Inclán. Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 4 de xuño de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
5842