Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/48-2, 4930 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Cortes Pozas e Castro de Abaixo (Ribas de Sil).

Situación: Ribas de Sil.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kVA en conductor LA-56 de 34 metros de lonxitude. Centro de transformación de 50 kVA. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. 0,6/1 kV sobre apoios de formigón cunha lonxitude de 1.640 metros de lonxitude.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 29 de maio de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6091