Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/47-2, 4929 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Grueiro Saa Toxiño (Guitiriz).

Situación: Guitiriz.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56 con 1.933 metros de lonxitude. Centro de transformación 25 kVA relación 20.000/380-220 V. Centro de transformación 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. 0.6/1 kV de 80 metros de lonxitude.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 29 de maio de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6097