Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/32-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: desvío Inst. Eléc. de M.T. e B.T. r/ Xoán XXIII e Curros Enríquez.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: 8 liñas subterráneas a 20 kV, en conductor R.H.V. 12/20 kV, (1ª) de 240 m, con orixe no centro reparto torre e fin no rexistro proxectado na calzada nº 8A. (2ª) de 120 m, orixe no centro reparto torre e fin no rexistro proxectado na calazada nº 8A. (3ª) de 120 m, orixe en C.R. torre e fin en rexistro beirarrúa proxectada nº 8A. (4ª) de 120 m, orixe no C.R. torre e fin en reg. calzada proxec. nº 4. (5ª) de 110 m, orixe no C.R. torre e fin en rex. beirarrúa nº 6. (6ª) de 120 m, orixe no C.R. torre e fin no rex. proxect. calzada nº 8. (7ª de 248 m, orixe en C.R. torre e fin en Beirarrúa nº 18. (8ª) de 457 m, orixe no C.R. torre e fin no rex. proxect. en calzada nº 18. R.B.T.S. proxectada nas devanditas rúas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 26 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

6102