Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T. enlace Carballeira.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 575 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV, con orixe na L.M.T. subterránea que une o C.T. Avda. de Portugal-1 con C.T. Riestra e remate no C.T. escola de mestría.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 26 de maio de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
6099