Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T.S. estrada Xunqueira-estrada xeral de Castela.
Situación: Allariz.
Descricións técnicas: 3 liñas subterráneas a 20 kV, en conductor R.H.V.-12/20 kV. (1ª) de 430 m de lonxitude, con orixe no C.T. estrada de Xunqueira e remate no C.T. castelo con 630 kVA, 20.000/380-220 V. (2º) de 485 m de lonxitude, con orixe no C.T. castelo e remate no C.T. estrada xeral de Castela. (3º) de 580 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. saída subestación Allariz e remate no C.T. estrada de Xunqueira. R.B.T. subterránea do C.T. castelo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 25 de maio de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
5193