Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Barrán.
Situación: Vilar de Barrio.
Descricións técnicas: liña aérea de 20 kV en conductor LA-56, de 964 m delonxitude, con orixe no apoio existente nº 86 da L.M.T. Laza-Vilar de Barrio e remate no C.T. aéreo proxectado de 100 kVA, 20.000/380-220 V, de Barrán. Rede de B.T. no sector.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 25 de maio de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
6104