Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1998 pola que se anuncia a contratación das obras L.M.T. subterráneas a 20 kV en centro urbano (Laracha) con centro de seccionamento e derivacións subterráneas a L.M.T. A Piña, L.M.T. Proame, L.M.T. a C.T. Laracha e L.M.T. E.S.O. por tramitación urxente por poxa con procedemento aberto.

De conformidade co disposto no artigo 79º da LCAP e acordo da Comisión de Goberno do 19 de xuño de 1998, anúnciase poxa por procedemento aberto para adxudica-las obras de L.M.T. subterráneas a 20 kV en centro urbano (Laracha) con centro de seccionamento e derivacións subterráneas a L.M.T. A Piña, L.M.T. Proame, L.M.T. a C.T. Laracha e L.M.T. E.S.O., conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a contratación das obras L.M.. subterráneas a 20 kV en centro urbano (Laracha) con centro de sec

cionamento e derivacións subterráneas a L.M.T. A Piña, L.M.T. Proame, L.M.T. a C.T. Laracha e L.M.T. E.S.O.

2. Duración do contrato: dous meses.

3. Tipo de licitación: 15.690.411 ptas.

4. Prego de condicións: publicado no BOP nº 224, do 28 de setembro de 1995.

5. Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

6. Garantía definitiva: 4% do orzamento.

7. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP.

8. Apertura de proposicións: terá lugar ás trece horas do quinto día hábil seguinte á conclusión do prazo de presentación de proposicións, excepto que coincidise en sábado, nese caso diferirase ó primeiro día hábil seguinte.

9. Modelo de proposicións:

Don/a....., maior de idade, veciño/a de..... con domicilio en....., titular do DNI nº ..... expedido con data....., en nome propio (ou en representación de....., veciño/a de..... con domicilio en..... conforme acredito con poder verificado na súa suficiencia) informado/a da poxa tramitada para adxudicar por procedemento aberto as obras de L.M.T. subterráneas a 20 kV en centro urbano (Laracha), con centro de seccionamento e derivación subterráneas a L.M.T. A Piña, L.M.T. Proame, L.M.T. a C.T. Laracha e L.M.T. E.S.O., comprométese a efectua-las conforme o proxecto no prezo de..... pesetas (en letra e número).

Laracha, 19 de xuño de 1998.

Jesús Rama Becerra

Alcalde

6704