Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMARIÑAS

ANUNCIO de poxa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Camariñas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 21.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra de urbanización da 2ª fase do paseo marítimo de Ponte do Porto.

b) Lugar de execución: Ponte do Porto (Camariñas).

c) Prazo de execución: cinco meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 19.976.850 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Camariñas, praza da Insuela, 57, Camariñas, 15123. Teléfono: 981 73 60 00 981 73 60 25. Telefax: 981 73 63 19.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación nin outros requisitos específicos.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, das 9 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego tipo de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación mediante poxa con procedemento aberto das obras municipais.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Camariñas.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar ás 12 horas do quinto día hábil seguinte (agás sábado) a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Camariñas, 19 de xuño de 1998.

O alcalde

Rubricado

6244